Friday 03 de May de 2024

Teresa Villaverde convida ao conselleiro de Política Social a visitar Lousame para coñecer sobre o terreo as necesidades do municipio


A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, foron recibidas esta mañá en San Caetano polo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. Unha xuntanza de traballo na que Villaverde e Agrafojo lle presentaron a situación dos servizos sociais de Lousame e abordaron con conselleiro posibles vías de colaboración coa Administración autonómica para mellorar tanto as infraestruturas como os servizos de atención aos veciños e veciñas de Lousame.

Teresa Villaverde amosouse satisfeita pore esta “primeira reunión de traballo, na que lle plantexamos as necesidades en materia de política social que temos en Lousame, e fixemos especial fincapé no centro de día e ao PAI de Tállara. De feito, aproveitamos o encontro para convidalo a visitar Lousame para que poida valorar sobre o terreo as necesidades que lle plantexamos”.